Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Prime Video retransmitirá a NBA durante os vindeiros 11 anos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

Prime Video retransmitirá a NBA durante os vindeiros 11 anos

Redacción
Publicado: 13/05/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

nba-amazon-prime.jpgO verán pasado Amazon Prime Video anunciou un acordo para facerse cos dereitos da NBA durante 11 anos a partir da tempada 2025-26, sendo España un dos países incluídos dentro deste novo escenario de explotación da liga de baloncesto profesional máis importante a nivel mundial.
Agora, Prime Video está a dar conta deste acordo para España, onde se convertería na primeira emisión deportiva en directo da plataforma (os anteriores directos foran do programa Operación Triunfo).
nba-social-slide2-1x1-002.jpg Desde outubro, Prime Video ofrecerá 87 partidos da tempada regular da NBA, incluíndo os sete encontros das eliminatorias da Emirates NBA Cup, todos os partidos do torneo SoFi NBA Play-In de postemporada, un terzo dos partidos da primeira e segunda rolda dos playoffs, unha serie das Finais de Conferencia por tempada e as Finais da NBA en seis das once campañas cubertas polo contrato. Nos vindeiros meses anunciaranse os nomes das persoas encargadas de presentar as retransmisións en España.
Ademais, Prime Video intégrase como socio estratéxico global do NBA League Pass, o servizo de subscrición da NBA para ver partidos en directo e baixo demanda. Os usuarios de Prime Video poderán engadir esta subscrición para acceder a aínda máis contido da tempada regular e da postemporada, mediante unha cota mensual adicional.
O acordo abrangue tamén a WNBA, que se poderá seguir en España desde 2026. A plataforma retransmitirá en exclusiva 30 partidos por tempada da liga feminina, incluído o partido da Commissioner’s Cup presentado por Coinbase, unha serie da primeira rolda dos playoffs cada ano, sete semifinais e tres finais da WNBA ao longo dos once anos de duración do contrato.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?