Primeira sentenza contra Rojadirecta
martes, 22 de novembro do 2016
A
causa xudicial contra Rojadirecta está a inclinarse a favor dos denunciantes,
de xeito que a páxina web galega coñecida por facilitar o acceso a ligazóns a
retransmisións deportivas poderÃa ter os dÃas contados, cando menos se
atendemos á resolución do xulgado do Mercantil nº 2 da Coruña, que vén de declarar
que tanto Igor Seoane como a empresa Puerto 80 Project SLU, responsables de
Rojadirecta, violaron os dereitos de propiedade intelectual, polo que
condénaos a cesar de subministrar ligazóns que dean acceso «en directo ou en
modo lixeiramente diferido» de partidos de fútbol producidos ou emitidos polas
demandantes (Mediapro e Gol Televisión) na actual ou en futuras tempadas,
detallando que a medida afectarÃa a Rojadirecta como a «calquera outra páxina
web que os demandados puideran utilizar en iguais termos, ou que redirixa á
mesma».
A condena confirmarÃa as medidas cautelares que se fixeron efectivas a
primeiros de ano, pero engade que a actividade de Seoane causou danos a
Mediapro e Gol Televisión, polo que estarÃa «obrigado a indemnizalos», estando
tal contÃa pendente de determinarse.
Cómpre destacar que a sentenza non é firme, nin tampouco é a única causa contra
Rojadirecta, polo que nos vindeiros meses o tema promete seguir de actualidade.