Publican a relación de finalistas do Festival Social Media de Galicia
martes, 21 de maio do 2013
O vindeiro 2 de xuño Bueu acollerá a segunda edición do
Festival Social Media de Galicia coñecido como MexilOnseTuits, que ten como
eixe principal unha entrega de premios en distintas categorÃas ás que
concorreron numerosos proxectos (máis dun cento) que serven de testemuño do
activo que está o sector das redes sociais e a Internet na nosa comunidade.
Unha vez avaliadas as propostas por parte dun xurado profesional e da organización
do Festival están en disposición de dar a coñecer os finalistas
das distintas categorÃas, de xeito que haberá que agardar á celebración desta
festa sectorial no Morrazo dentro de menos de dúas semanas.
A relación de finalistas quedarÃa como segue:
Mellor Axencia: Nasas Social & Media, Tuapli e Elogia
Mellor Campaña en Medios Sociais: Xente con Vida, Sabores de
Ourense e Algo está pasando en Mercedes Benz
Mellor Blog de Moda: Fashion Low Cost, Alice Madness e MarÃa Montesinos
Mellor Blog Gastronómico: Uno de Dos, La Cocina de la Lechuza e O Bandullo
Mellor Blog TurÃstico: Chavetas, Equipaxe de Man e Vivir Galicia
Mellor Blog Informativo/Cultural: Enxebre Markets, Vigo Low Cost e Briefing Galego
Mellor Blog Tecnolóxico: GaliloxÃa, Mallando no Android e Marketing For E-Commerce
Mellor VÃdeo Viral: The Body Of The Lito & Manuel Manquiña Video Promo, Wanted Selección – Be Happy At Work e RÃas Baixas Style.