PublÃcanse as bases de axudas de Industria para levar as TIC ás tendas galegas
venres, 22 de febreiro do 2008
O Diario Oficial de Galicia publicou as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións
para a adecuación dos establecementos comerciaos ó seu contorno competitivo coa implantación de comercio electrónico, páxinas web e equipos informáticos para o que a ConsellerÃa de Industria destinará 1.500.000 euros.
O investimento máximo subvencionable será de 12.000 euros, agás no caso de sistemas de venda non presenciais e páxinas web, que terán unha subvención máxima de 3.000 euros, cubrindo ata o 50/60% do investimento total.