R emitirá en aberto en dixital as canles de televisión xeneralistas
mércores, 1 de abril do 2009
A operadora
galega R anunciou a través do seu blog oficial que atendendo ás demandas dos
seus clientes vai a abrir en dixital as súas canles de televisión
xeneralistas (sen concretar), de xeito que os usuarios que
conten con sintonizadores DVB-C poderán recibir parte da oferta de televisión
dixital sen precisar do receptor de R (para usuarios de pago).
A apertura de canles poderÃa chegar dentro dunhas 8 semanas.