R fai reconto dos concellos nos que vai instalar fibra óptica

venres, 5 de outubro do 2007

O operador galego de cable R relembrou que sete concellos da provincia da Coruña vanse conectar á súa rede de fibra óptica ó longo do presente ano 2007. A compañía galega prevé que ademais de Padrón, ó longo deste ano se conecten á rede de R os concellos coruñeses de Arzúa, As Pontes, Boiro, Cedeira, Pontedeume e Ribeira, onde os traballos de canalización e cableado xa comezaron hai un tempo.
R vai investir neste proxecto do redor de 20 millóns de euros.
Outros concellos coruñeses que están pendentes da concesión dos correspondentes permisos son A Pobra, Ares, Brión, Malpica, Melide, Mugardos, Neda, Negreira, Noia, Ponteceso, Pontecesures, Rianxo, Teo e Vimianzo.

PUBLICIDADE