R mellora as súas tarifas de telefonÃa móbil
martes, 18 de setembro do 2012

- Imaxe dun anuncio dos servizos móbiles de R
O
operador galego R leva bastante tempo aproveitando as vantaxes de combinar
servizos de teléfono, televisión e Internet, que nos últimos anos, coa súa
actividade como Operador Móbil Virtual conseguiu un importante pulo que o
vindeiro 1 de outubro poderÃa reforzarse grazas a unha mellora
das súas tarifas, que se aplicará de xeito automático a todos os clientes,
conseguindo asà un maior aforro, como xa conseguiran coa renovación dos seus combos domésticos (que inclúen tarifa
plana a teléfonos fixos e ata 700 minutos de balde ao mes de fixo a móbil).
Concretamente a tarifa mini+internet (liña móbil que ten unha cota de 7
euros+IVE para usuarios que non teñan terminal subvencionado) baixa o seu prezo
por minuto de 4 a 2 céntimos; a tarifa plana 24h 150min muda de nome para incluÃr
200 minutos de chamadas nacionais a fixos e móbiles por 15 euros+IVE ao mes
(sen terminal subvencionado); a tarifa plana 24h 350min tamén incrementa en 50
o número de minutos en chamadas incluÃdos ao mes (co seu consecuente cambio de
nome); estrean a tarifa plana 24h 600min; melloras a tarifa plana 24h 750min
con 800 minutos ao mes, 400 mensaxes de texto (no cato de 200) e 2 Gb de datos
(en vez dos 500 Mb anteriores); e incluso a tarifa única móbil sen datos con
terminal subvencionado pasa de 8 a 5 céntimos/minuto + IVE nas chamadas.
Dende R tamén lembran que todos os móbiles
do seu catálogo comercialÃzanse libres e os novos prezos non se limitan a
novas altas como fan outros operadores, senón que están dispoñibles para todos
os seus clientes.
