R só ofrecerá 4G aos clientes que máis paguen
xoves, 21 de xullo do 2016
Dende comezos de ano sábese que o
operador de telecomunicacións R vai abandonar a rede móbil de Vodafone para
funcionar con Orange, decisión que estarÃa motivada principalmente ante a
negativa de Vodafone a achegar conectividade 4G aos clientes móbiles de R, e
este cambio de cobertura parece estar a iniciarse estes dÃas se atendemos ás tarifas que figuran na páxina web
da compañÃa, nas que xa se recolle a conectividade 4G nas novas
contratacións cun mÃnimo de 3 GB de datos ao mes, ou sexa, que a meirande parte
dos clientes da compañÃa continuarÃan a quedar sen 4G pese a ter que padecer o
cambio de cobertura (o que suporá un cambio
de tarxeta SIM que probablemente
comece a realizarse nos vindeiros dÃas previsto para despois do verán e que irÃase aplicando paulatinamente entre
os clientes da compañÃa).
Entendemos que a partires de agora os usuarios que se dean de alta en liñas
móbiles de R recibirán unha tarxeta SIM para operar baixo a rede de Orange, e
de contar con tarifa 1 (que custa 8 euros/mes) tarifa R 2GB (que custa 10 euros
ao mes) ou a plana 13 (a 13 euros/mes) carecerán de datos en 4G, de xeito que a
tarifa plana máis económica con 4G serÃa a plana 22 (que achega 3 GB de datos
por 22 euros/mes), mentres que nas tarifas de pagamento por minuto haberÃa que
pagar un mÃnimo de 16 euros/mes para gozar do desexado 4G.
Dende R aseguran que a rede 4G de Orange dará cobertura ao 93% da poboación
galega e a portabilidade dos clientes actuais á nova rede móbil
realizarse de xeito progresivo, completándose o cambio de operador a primeiros
do ano que vén.
ACTUALIZACIÓN: Dende R dan conta de que para o cambio de operador non será preciso mudar de tarxeta SIM, pero si unha nova configuración do APN do terminal móbil, que comunicarase aos clientes cando proceda. Tamén matizan que a súa tarifa con 4G máis económica custa 13 euros/mes (aÃnda que non é unha afirmación moi rigorosa, porque estamos ante unha liña adicional que precisa ter, como mÃnimo, unha tarifa móbil que custe 22 euros/mes).
- A páxina web de R detalle que o 4G só estará dispoñible para as tarifas móbiles máis caras