Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: RTVE aposta polo streaming en directo para conectar co público mozo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

RTVE aposta polo streaming en directo para conectar co público mozo

Redacción
Publicado: 20/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

16768449.jpgRTVE Play dá un novo paso no panorama das plataformas dixitais en España coa estrea de Open Play, un formato que combina o mellor da televisión, o podcast e o streaming nunha proposta fresca e interactiva. Presentado por Ángela Fernández, Lara Palma e Taka Gómez, e con Inés Hernand a cargo dunha sección diaria, o programa poderá seguirse en directo de luns a xoves, a partir das 18.30 horas, na propia plataforma e tamén na súa canle de YouTube.
A produción, creada por RTVE Play en colaboración con El Terrat (The Mediapro Studio), pretende ofrecer un espazo único e participativo. Cada día contará cunha entrevista e, ás 21.00 horas, Inés Hernand repasará a actualidade cun ton irónico e mordaz. Polo estudio pasarán colaboradoras habituais como Nuria Marín, Laura del Val, Marta Riesco, Judith Tiral, Clara Ingold, Patricia Espejo ou Paula Púa.
Open Play combinará entrevistas, humor e participación do público, que poderá enviar mensaxes e propostas en tempo real. Entre os videopodcasts que forman parte do formato destaca El Brain: la fábrica de ideas, onde un equipo de guionistas dirixido por Marina Lobo crea en directo contidos para un programa de humor ficticio, dando lugar a sketches e parodias improvisadas.
A programación tamén integrará espazos semanais protagonizados por recoñecidos creadores de humor como Miguel Maldonado, Ignatius Farray, Luis Fabra, Javi Sancho e Dani Fez, Tomás Fuentes, Irene Minovas e Kike García ou Héctor de Miguel (Quequé).
Xunto ás novidades, a plataforma manterá programas consolidados como Pena y pánico, con La Prados e Raquel Hervás; La hora fenomenal, con Marco Mas, Dani Miño e Eva Gamallo; Señoras con visón, con Celia Pastor, Nata Moreno, Esti Gabilondo e Bárbara Goenaga; e Podcast: el podcast, con Miguel Campos, Laura del Val e Jorge Yorya.
RTVE Play incorporará ademais os videopodcasts que xa producía xunto á canle xuvenil Playz, como Literal, Está el horno para bollos ou Qué decirte que no sepas, así como o éxito da plataforma en lineal Al cielo con ella.
Open Play estrearase cun gran evento de presentación emitido en directo o martes 21 de outubro, a partir das 19.30 horas, en RTVE Play.


Vídeo de presentación de Open Play

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?