Rapidshare ten problemas legais en Alemaña

xoves, 31 de xaneiro do 2008

Un dos servizos web para o aloxamento e descarga de ficheiros máis populares da Internet, Rapidshare, podería desaparecer tras perder unha causa por vulneración de dereitos de autor en Düsseldorf (Alemaña).
Dende Rapidshare advirten que non poden pór ningunha medida preventiva ó mal uso do seu servizo, e só poden eliminar o material protexido cando se lles comunique, que foron as medidas que tiveron que cumprir servizos semellantes (coma YouTube).
Á espera dunha resolución final, Rapidshare continúa a operar con normalidade.

PUBLICIDADE