Red.es distribúe o seu newsletter mensual número 29
mércores, 2 de abril do 2008
Dende hoxe mércores 2 de abril, a entidade Red.es distribúe de balde o seu newsletter mensual número 29, que recolle as actividades máis destacadas do organismo, unha entrevista audiovisual, novidades no Plan Avanza, estudos recentes e noticias do sector, entre outras informacións de interese no ámbito da Sociedade da Información.
As persoas interesadas en recibilo poden inscribirse a través desta ligazón ou seguilo por distintos medios a través de RSS, vía twitter.com, a través da web unblogenred.es ou no popular sitio de vídeos na Rede, YouTube.