Rede Aberta chega coa fibra óptica ultrarrápida ata o faro de Fisterra e a 200.000 vivendas e empresas do rural
venres, 29 de setembro do 2023- O faro de Fisterra nunha imaxe do Concello de Fisterra
Rede
Aberta, empresa de rede neutra en Galicia, inaugurou este venres
29 de setembro o acceso do faro de Fisterra (Fisterra, A Coruña) a
Internet mediante fibra óptica de 1 Gbps, en palabras da empresa “un
fito que simboliza a nosa capacidade para conectar os lugares máis
recónditos do rural de Galicia a velocidades idénticas ás que se
dispoñen nas cidades”. Asi se expresou o director executivo de
Rede Aberta, Pere Antentas, quen sinalou que “a fibra óptica é
unha infraestrutura de comunicación esencial na era da
dixitalización e que, ata hai pouco, pensábase que era só para as
grandes cidades e as contornas urbanas”.
- Pere Antentas, CEO de Rede Aberta
Na
súa intervención no evento Conectados ata o fin do mundo con
fibra óptica celebrado nas inmediacións do faro, Antentas
lembrou que Rede Aberta é unha empresa que naceu hai tres anos e
neste período esforzouse en facer posíbel que “case a totalidade
dos galegos tivesen acceso a unha conexión ultrarrápida e segura,
como a que achega a nosa fibra óptica”.
Así,
destacou que na actualidade conta con 200.000 unidades inmobiliarias
instaladas en 86 municipios do rural de Galicia, para o que tivo que
despregar máis de 4 millóns de metros de cable de fibra. Un
crecemento que se viu avalado recentemente por Allianz Global
Investors, que “vén de apoiarnos cun financiamento de 50 millóns
de euros, o que significa para nós o respaldo do mercado, que aposta
e aproba o noso proxecto”, agregou.
Pere
Antentas sinalou que a compañía continuará cos “esforzos” para
poñer a tecnoloxía máis avanzada ao servizo das empresas de
Galicia e, en especial, con aquelas que están asentadas no ámbito
rural. “Podemos anunciarlles que alcanzamos un acordo de
colaboración con Huawei, un dos nosos provedores tecnolóxicos, para
poñer en marcha un proxecto piloto de desenvolvemento da nova
tecnoloxía 50G-PON, que supón multiplicar por 50 a velocidade dun
1Gbps que se ofrece na actualidade”, explicou.
Segundo
engadiu o CEO de Rede Aberta, trátase “dunha iniciativa pioneira
na Unión Europea e inaugurarémolo no primeiro cuadrimestre de
2024”. O proxecto terá a base en Santiago de Compostela, onde se
instalará o polo de empresas biotecnolóxicas, e desde o que se
ofrecerán tamén servizos a hubs industriais e ás empresas
asentadas nas contornas rurais próximas á capital de Galicia”.
- De esquera a dereita, Carles Paradeda, director financiero de Rede Aberta, Pere Antentas, CEO de Rede Aberta, Aurea Domínguez, alcaldesa de Fisterra, Maria Rivas, subdelegada do Gobierno na Coruña e Julian Cerviño, director de AMTEGA
Antentas
lembrou tamén que Rede Aberta foi “pioneira en despregar a
tecnoloxía XGS-PON no rural de Galicia”, coa inauguración do
servizo hai un ano na Ribeira Sacra, e seguirá “esforzándose”
para “anticipar as necesidades” que terán as empresas, xa que se
prevé un crecemento do 37% anual a demanda de datos. En concreto,
“multiplicarase por 9 de aquí a 2030”, apuntou, engadindo que a
compañía “traballa de xeito conxunto con outros socios” para
crear “os CPD,s do Camino”, unha rede de centros de procesamento
de datos en Galicia, para dar respostas ás empresas, que “demandan
centros que acheguen autonomía de xestión, sen rupturas de servizos
e afastados dos vaivéns da xeopolítica”.
Antentas
agradeceu a presenza do director da AMTEGA (Axencia para a
Modernización Tecnolóxica de Galicia), Julián Cerviño; a
subdelegada do Gobierno na Coruña, María Rivas; e a alcaldesa de
Fisterra, Áurea Domínguez. “A colaboración de todas as
administracións, de todo o equipo de Rede Aberta e dos máis de 250
persoas das empresas colaboradoras, fai posíbel que sexa unha
realidade acabar coa fenda dixital do rural”, subliñou.
Ademais,
destacou que Rede Aberta, adxudicataria para a realización do Plan
Único do Ministerio de Asuntos Económicos e Transición Dixital na
provincia da Coruña, xa executou un terzo das 36.550 unidades
previstas, polo que lle permite “ter confianza” en chegar ao 100%
antes de finais de 2024. “Esperamos proseguir co Plan Único 2023
en Pontevedra, se gañamos o concurso ao que nos presentamos”,
engadiu.
Acordo
con R
Finalmente,
o CEO de Rede Aberta agradeceu a achega dos operadores de
telecomunicacións locais de Galicia que contribuíron ao
espallamento da fibra polo rural. “Axudáronnos a despregar a fibra
nos recunchos máis remotos. Eles teñen a capilaridade final do
territorio, son os nosos ollos no rural. Sen eles non estariamos
aquí”, apuntou.
Ademais,
anunciou que a esta rede sumouse R e o grupo Máis Móbil como
cliente, “un fito un fito importante, porque é a confirmación que
somos un operador neutro que facemos ben as cousas. R é o operador
de referencia en Galicia e unha marca moi querida na nosa terra”,
concluíu.
Julián
Cerviño aposta por un territorio plenamente conectado con
infraestruturas de calidade
Julián
Cerviño, director
de AMTEGA,
participou tamén
na
presentación, lembrando
que “a
despregadura
de redes de telecomunicacións en Galicia debe ter en conta as
singularidades territoriais”. Referiuse, en concreto, “ao alto
nivel de dispersión nunha Comunidade que concentra máis da metade
dos núcleos de poboación de toda España; así como aos retos
relacionados coas dificultades de acceso a determinadas zonas”.
E
engadiu: “Dispoñer
dun territorio plenamente conectado con infraestruturas de calidade é
un paso imprescindíbel
para os obxectivos da EGD2030 de configurar un territorio intelixente
a partir do uso de tecnoloxías innovadoras en ámbitos como os
sectores primarios, as infraestruturas e a calidade de vida no rural
ou a mobilidade e transporte”.
Cerviño
fixo un repaso dos resultados das dúas axendas dixitais que
desenvolveu a Xunta entre 2009 e 2020, como a posta en marcha de dous
plans de banda larga, a extensión da telefonía móbil ou o plan 5G.
O
director da Axencia galega referiuse “ao grao de madurez dixital
alcanzado por Galicia”, que
se sitúa
23,8 puntos por enriba da media das rexións de Europa.
Por
último, referiuse á importancia da consolidación de empresas
galegas como Rede Aberta, que contribúen a acadar o obxectivo da
EGD2030 de especialización tecnolóxica de Galicia a través da
creación, retención e atracción de talento dixital e á
implantación dun sector TIC sólido e en crecemento.