Retegal renova o seu método de xestión de recursos humanos
luns, 17 de setembro do 2007
A empresa galega Retegal, que forma parte da Xunta, vén de comunicar a súa intención de seguir a constituírse como unha firma forte e con feitura de independente, na procura de mellorar os seus servizos en materia de xestión das telecomunicacións en Galiza. Nesta liña é onde se inscribe o seu obxectivo de afondar na xestión interna dos recursos humanos, que até o de agora se apoiaba no emprego do programa Epsilon no servidor da CRTVG. Segundo sinala Retegal, este novo paso consiste en adquirir a ferramenta GC-Epsilon-RH do Grupo Castilla, “o que lle permitirá xestionar de xeito interno a confección da nómina adquirindo a autonomía precisa parte ter dunha maneira doada toda a información relativa ós pagos dos empregados”.