Rexeitan o acordo de Anthropic por vulneración de dereitos de autor
martes, 9 de setembro do 2025
O acordo histórico de 1.500 millóns de dólares anunciado por Anthropic para pechar unha demanda colectiva de autores quedou en suspenso tras as crÃticas do xuÃz federal William Alsup, da Corte do Distrito Norte de California. O maxistrado considera que o pacto, presentado como un dos maiores en materia de copyright nos Estados Unidos, está «lonxe de estar completo» e poderÃa acabar sendo imposto pola forza aos autores.
Na vista celebrada o 8 de setembro, Alsup asegurou sentirse «enganado» e esixiu máis información sobre o proceso de reclamación dos membros da clase. O xuÃz amosou a súa preocupación polos mecanismos de notificación, pola lista definitiva de obras incluÃdas e polo risco de que autores ou editores poidan reclamar máis adiante, o que deixarÃa a Anthropic sen a «limpeza xurÃdica» que espera a cambio do pagamento millonario.
O acordo, que afectarÃa a uns 465.000 libros descargados de forma ilÃcita para adestrar sistemas de intelixencia artificial, prevé compensacións de arredor de 3.000 dólares por obra. SerÃa, segundo os avogados, un referente para posibles solucións con outras compañÃas investigadas por usos semellantes, como OpenAI, Meta ou Midjourney.
Justin Nelson, de Susman Godfrey LLP, avogado dos autores, defendeu que o equipo legal «se preocupa profundamente de que cada reclamación lexÃtima reciba compensación». O xuÃz, con todo, advertiu de que en moitas accións colectivas «os membros da clase levan a peor parte» unha vez fixado o diñeiro e esixiu un proceso de notificación «moi bo» que permita optar con claridade por entrar ou quedar fóra.
Alsup tamén chamou a atención sobre o «exército» de letrados implicados no reparto, incluÃndo representantes do Authors Guild e da Association of American Publishers, lembrando que os honorarios dependerán do diñeiro realmente distribuÃdo aos reclamantes e non se pagarán «avogados engadidos» cos fondos do acordo.
Desde a Asociación de Editores Americanos, a súa presidenta, Maria A. Pallante, acusou ao tribunal de «demostrar unha falta de comprensión de como funciona a industria editorial», advertindo de que a visión do xuÃz poderÃa derivar en «litixios colaterais entre autores e editores durante anos».
Alsup marcou o 15 de setembro como prazo para que as partes entreguen a lista definitiva de obras. Ademais, instruÃu que o formulario de reclamación obrigue a todos os titulares de dereitos dunha obra a aceptar o acordo: se un só deles opta por quedar fóra, esa obra non estará cuberta. En caso de disputas sobre a titularidade, deberán resolverse nos tribunais estatais.
