SDG Group inaugura en Galicia un Hub especializado en datos e IA para o sector público
mércores, 3 de xullo do 2024
SDG Group anunciou esta mañá en Santiago de Compostela un centro especializado en datos e intelixencia artificial, con foco na despregadura e implementación de proxectos para o sector público. O evento contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; José González, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta; Antonio RodrÃguez, secretario xeral de Emigración; e de Antonio Torrado, socio director de SDG Group, quen liderou o desenvolvemento da compañÃa en Galicia dende a apertura da oficina en 2022.
No acto, Alfonso Rueda destacou o compromiso de SDG Group con Galicia e a súa constante aposta pola innovación e o talento local. O presidente da Xunta de Galicia mencionou que o 10% dos empregados de SDG Group en Galicia son retornados, e expresou o seu desexo de que "todos os galegos regresen á súa terra e que esta rexión tamén poida atraer talento de todo o mundo".
Grande investimento en Galicia
Para afianzar a súa aposta por Galicia, a compañÃa realizará un investimento de 6,5 millóns de euros durante os próximos tres anos, que se materializará coa contratación de novos 130 perfÃs, entre os que destacan arredor de 30 profesionais especializados en intelixencia artificial como parte do seu novo Hub de Sector Público en Galicia. Este Hub xa deu os seus primeiros pasos, coa incorporación dalgúns profesionais nos últimos meses, e a xestión dos seus primeiros servizos a algúns clientes, con especial foco na estratexia e gobernanza de datos en iniciativas de IA.
SDG Group amplÃa asà a súa presenza na rexión e aposta pola intelixencia artificial de datos como motor da transformación dixital do sector público. "O noso equipo de profesionais enfocarase no servizo a organizacións públicas no ámbito dos datos e a intelixencia artificial, dende unha perspectiva diferencial centrada en servizos estratéxicos de alto valor engadido. Tamén contamos coa experiencia dunha carteira de proxectos activa na AGE e na Xunta de Galicia, concretamente no ámbito da intelixencia artificial", destacou Antonio Torrado, socio director de SDG Group.
Talento local galego
Este novo Hub tamén representa o compromiso da compañÃa co talento local galego, formado nun ecosistema de universidades e centros que destacan pola súa excelencia académica en disciplinas cientÃficas como a AnalÃtica de Datos e a Intelixencia Artificial. Un exemplo desta aposta polo talento novo é Lucas Morillo, doutor en Informática, especialista en Robótica Social e Neurociencia, actualmente analista de datos de SDG, que se estableceu en Galicia para realizar a súa carreira profesional e retomar o contacto coas súas raÃces familiares. "Ao rematar o meu doutoramento en Suecia, quixen volver a Galicia, pero parecÃa imposible polo meu perfil laboral. A aposta por innovación e datos de SDG Group permitiume volver", declarou.
Actualmente, a sede galega traballa con 20 grandes corporacións nacionais e internacionais e puxo en marcha proxectos innovadores de desenvolvemento de IA en máis de 70 empresas en todo o mundo. SDG Group conta en España cunha carteira de máis de 300 clientes, entre os que se atopa máis dun 50% das empresas do IBEX.