Sae a versión final de Paint.NET 3.5

luns, 9 de novembro do 2009

Para modificar fotografías dun xeito bastante completo sen ter que adquirir e aprender a manexar unha complexa aplicación coma o Photoshop existe para Windows o programa Paint.NET, que chega finalmente á súa versión 3.5, incorporando novas melloras de rendemento e estabilidade, aproveita o Framework .NET 3.5 SP1, incorpora características exclusivas de Windows 7 e intégrase coa interface Aero de Windows Vista e Windows 7 (resultando máis agradable á vista).

PUBLICIDADE