Sae o AVG Internet Security 8.0

venres, 29 de febreiro do 2008

Un dos anti-virus máis populares do mercado, o AVG, vén de lanzar a súa versión 8.0 do paquete AVG Internet Security que inclúe tamén as solucións AVG Anti-Spyware, AVG Anti-RootKit ou LinkScanner (entre outras), aínda que a versión de balde, o AVG Anti-Virus Free Edition aínda tardará un pouco en actualizarse (ata o momento vai pola versión 7.5).
A nova versión do software de AVG funciona baixo o sistema operativo Windows (tanto en 32 coma en 64 bits) e supón unha mellora en case tódalas prestacións desta aplicación que axuda a manter a seguridade do noso equipo informático.

PUBLICIDADE