Samsung e Google inician na Coruña unha xira divulgativa estatal

martes, 9 de agosto do 2022 Marcus Fernández

Este mércores bota a andar unha xira de Samsung e Google por 16 cidades da península durante 2022 para achegar á cidadanía as posibilidades da súa tecnoloxía, sendo unha destas primeiras paradas no Centro Comercial Marineda City da Coruña, onde teremos unha destas instalacións pop up até o 21 de setembro. A posta en marcha deste espazo coincidirá coa celebración do vindeiro Samsung Unpacked 2022, que terá lugar mañá ás 15:00 horas, onde a compañía surcoreana dará a coñecer as súas novidades para os vindeiros meses.
Esta iniciativa busca que mozos e adultos poidan descubrir o ecosistema Galaxy xunto a Android a través de diferentes activacións cheas de cultura, arte e folclore liderados por un pool de expertos que ensinarán ludicamente como aproveitar ao máximo as funcionalidades de ambas tecnoloxías.
As experiencias que se ofrecerán en cada instalación están deseñadas con temáticas 100% locais, nas que os usuarios poderán expresar as súas dotes artísticas de debuxo e floclore, facendo uso da última tecnoloxía Galaxy S22 que Samsung achegará e que complementará coas diferentes ferramentas que ofrece Google, como Google Maps, Google Lens, Google Meet, YouTube Shorts e Google Stadia.
O público tamén poderá participar de diferentes retos que porán a proba os coñecementos fronte aos que posúe a tecnoloxía. Teremos así unha experiencia para que os usuarios gocen dunha experiencia entretida e cultural, capaz de aportar máis información sobre a cidade, ao tempo que integran e experimentan a tecnoloxía de Samsung e Google Lens. Tamén contarán cunha activación chea de lecer para descubrir ao mellor xogador de cada cidade a través dun videoxogos de Google Stadia.

PUBLICIDADE