Samsung prepara unha ampla gama de televisores Micro RGB para 2026
mércores, 17 de decembro do 2025
Samsung Electronics anunciou que en 2026 porá no mercado unha gama ampliada de televisores Micro RGB, con modelos de 55, 65, 75, 85, 100 e 115 polgadas. A compañÃa surcoreana define esta nova xeración como a seguinte evolución da súa tecnoloxÃa de pantallas Micro RGB e asegura que establece un novo estándar no segmento do visionado doméstico premium.
A nova liña Micro RGB está concibida tanto para grandes salóns como para espazos nos que se procura unha pantalla premium cun deseño máis compacto, e emprega unha arquitectura de visualización propia que reflicte o foco de Samsung na precisión de enxeñarÃa e no rendemento de imaxe de alto nivel.
No plano técnico, a gama baséase na tecnoloxÃa presentada no modelo Micro RGB de 115 polgadas lanzado en 2025, incorporando melloras orientadas a ampliar a gama cromática, incrementar o brillo das escenas e refinar o acabado visual. O sistema emprega micro LED vermellos, verdes e azuis de menos de 100 micrómetros que emiten luz de maneira independente, o que permite unha maior precisión na reprodución da cor e da intensidade lumÃnica. A isto súmanse solucións avanzadas de procesamento de imaxe como 4K AI Upscaling Pro e AI Motion Enhancer Pro, encargadas de analizar cada escena en tempo real para axustar o brillo, suavizar o movemento e mellorar a nitidez.
O conxunto complétase co Micro RGB AI Engine Pro, un motor con intelixencia artificial de última xeración que optimiza a claridade e o realismo fotograma a fotograma, asà como con funcións especÃficas como Micro RGB Color Booster Pro e Micro RGB HDR Pro. A tecnoloxÃa Micro RGB Precision Color 100, certificada por VDE, alcanza o 100 % da ampla gama cromática BT.2020 grazas a unha atenuación RGB máis precisa, o que se traduce en tons hiperrealistas e nun brillo destacado.
A nivel de software, Samsung actualizou a súa plataforma Vision AI Companion, baseada nun enfoque multi-axente que combina modelos de linguaxe de gran tamaño coa interacción conversacional a través de Bixby, o que permite buscas conversacionais, preguntas e respostas interactivas, recomendacións proactivas e acceso a funcións con intelixencia artificial como tradución en tempo real, fondos de pantalla xerativos ou integración con servizos como Perplexity e Copilot.
A experiencia visual complétase coa tecnoloxÃa Glare Free, exclusiva de Samsung, que reduce os reflexos causados pola luz directa para preservar a intensidade da cor e o contraste en diferentes condicións de iluminación. No apartado sonoro, os novos televisores incorporan compatibilidade con Dolby Atmos para un audio multidimensional, Adaptive Sound Pro para optimizar a claridade segundo o tipo de contido e a sala, e Q-Symphony, que permite sincronizar os altofalantes do televisor con dispositivos Samsung compatibles. Ademais, todos os modelos de 2026 integrarán Eclipsa Audio, un novo sistema de son espacial pensado para ofrecer unha experiencia 3D envolvente.
Samsung presentará oficialmente esta nova liña Micro RGB no CES 2026, que se celebrará en Las Vegas do 6 ao 9 de xaneiro.
