Samsung retira do mercado o Galaxy Z TriFold
martes, 17 de marzo do 2026
Samsung decidiu pór fin á comercialización do seu smartphone encartable en formato trÃptico, o Galaxy Z Trifold, apenas tres meses despois do seu lanzamento. A compañÃa surcoreana pecha asà unha breve etapa dun dispositivo que, máis que un produto de masas, foi concibido como unha demostración de forza tecnolóxica.
Segundo fontes do sector, a venda do terminal en Corea do Sur finalizará hoxe mesmo, mentres que nos Estados Unidos manterase unicamente ata esgotar as unidades dispoñibles. O modelo, presentado en decembro cun prezo de 3.594.000 wons (2.093 euros), chegou ao mercado cunha distribución moi limitada e centrada exclusivamente nas canles propias da compañÃa, e con rumores de que estarÃa a venderse a perdas.
O Galaxy Z Trifold destacaba polo seu deseño con dúas bisagras e tres paneis, que permitÃan pasar dunha pantalla de 6,5 polgadas en formato pechado a un dispositivo de arredor de 10 polgadas unha vez despregado. Este novo factor de forma pretendÃa explorar as posibilidades do multitarefa e do consumo multimedia en pantallas de gran tamaño, aÃnda que tamén implicaba importantes retos técnicos e de fabricación.
Desde o seu lanzamento, o dispositivo rexistrou episodios de alta demanda dentro do seu nicho, con unidades que se esgotaban en cuestión de minutos nas reposicións semanais. Porén, a produción foi sempre reducida. EstÃmase que apenas se puxeron á venda arredor de 3.000 unidades en varios lotes, o que reforza a idea dun produto experimental e non orientado a unha comercialización a grande escala.
O elevado custo dos compoñentes, como as memorias DRAM, o almacenamento NAND ou os procesadores, tamén terÃa influÃdo na decisión. A marxe de beneficio era mÃnima, cun prezo axustado ata o detalle para conter perdas nun dispositivo de fabricación especialmente complexa.
A estratexia de Samsung encaixa cun enfoque cada vez máis habitual no sector tecnolóxico: lanzar produtos de vangarda como escaparate de innovación, aÃnda que a súa viabilidade comercial sexa limitada. De feito, responsables da compañÃa xa apuntaran recentemente que non estaba garantido o desenvolvemento dunha segunda xeración, precisamente pola dificultade de produción. Algunhas das innovacións vistas no Trifold poderÃan trasladarse progresivamente a modelos encartables máis accesibles nos vindeiros anos.
