Sanción de 2.420 millóns de euros a Google por abuso de posición dominante
martes, 27 de xuño do 2017
A Comisión Europea iniciou unha
investigación contra Google en 2010 por abuso de posición dominante ao dar un
tratamento preferente ao seu comparador de prezos nos resultados de busca,
e tras darlle ao buscador a posibilidade de defenderse das acusacións hai un
par de anos, finalmente comunicaron a
sanción que imporá á compañÃa de Mountain View: 2,42 mil millóns de euros.
A Comisión considera que Google infrinxiu a lexislación antimonopolio da Unión
Europea abusando da súa posición dominante no mercado dos motores de busca ao
ofrecer unha vantaxe ilegal a outro produto de Google: o seu servizo de compras
comparativas. A empresa deberá mudar o seu proceder nun prazo de 90 dÃas ou
enfrontarse ao pagamento dunha multa que poderÃa chegar ao 5% do volume de
negocio medio diario de Alphabet a nivel mundial.
A comisaria de competencia, Margrethe Vestager, recoñece o bo que Google
achegou ás nosas vidas, pero critica que «a estratexia de Google para o seu
servizo de compras comparativas non se limita a atraer clientes ofrecendo un
produto que sexa mellor que o dos seus rivais, senón que Google abusou da súa
posición dominante como motor de busca situando en mellor lugar o seu propio
servizo de compras comparativas dentro dos seus resultados de busca e colocando
en peor situación os dos seus competidores», o que considera que «denegou a
outras empresas a posibilidade de innovar e de competir segundo os seus
méritos» aÃnda que o máis importante serÃa que «denegou aos consumidores
europeos unha auténtica oferta de servizos e todas as vantaxes da innovación».
Dende a Comisión detallan que ter unha posición dominante non é ilegal, pero as
empresas dominantes teñen a responsabilidade especial de non abusar da súa
posición no mercado restrinxindo a competencia. Tamén destaca que Google domina
as buscas xerais na Rede en todos os paÃses do Espazo Económico Europeo, e as
prácticas anti-competitivas con Google Shopping danse en todos os mercados nos
que o servizo está dispoñible.