Sancionan a Orange polo redondeo nas súas tarifas
venres, 11 de xaneiro do 2008
A Comunidade de Madrid, tras multar a Vodafone e a
Telefónica, impón unha sanción
de 960.319 euros a Orange polo seu redondeo á alza nas súas tarifas de
2005, que supoño un beneficio extra por esta práctica considerada coma moi
grave pola Lei rexional de Protección dos Consumidores.
As 3 sancións serán recorridas polas operadoras, que consideran que en 2005 non
tiñan a obriga de facturar as chamadas por segundos.