Santiago acolle un encontro de informadores xuvenís
venres, 9 de novembro do 2007
Santiago está a acoller este venres o Encontro Autonómico de Información Xuvenil que organiza a Secretaría Xeral do Benestar. A xuntanza reúne a cen informadores xuvenís de toda Galiza, pertencentes á Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil. Xuntos, están a analizar diferentes aspectos relacionados coa Rede e que permitan emprestar “un mellor servizo á sociedade en xeral e ós mozos en particular”. Durante todo o día, os mozos debaterán tamén sobre temas como as boas prácticas en información xuvenil ou a participación das Oficinas de Información Xuvenil no deseño das actividades da dirección xeral de Xuventude.