CIES (Seresco) axuda ás administracións a afrontar os seus principais desafíos en ciberseguridade

martes, 13 de agosto do 2024 S. P.

Nun contexto global, onde as ameazas cibernéticas son cada vez máis sofisticadas e frecuentes, as administracións públicas enfróntanse a desafíos críticos en materia de ciberseguridade, e Galicia non é allea a este crecente problema. Así nolo contan o grupo Seresco e a súa firma CIES, que lembran que en 2023 os Concellos e a Xunta contabilizaron máis de 1.500 incidentes de ciberseguridade, o que supuxo un incremento do 275% con respecto ao ano anterior no que unicamente se reportaron 400 incidencias, segundo datos do Centro Criptológico Nacional (CCN).
Seresco advirte que en 2024 o problema “vai en aumento”, xa que a mesma fonte apunta que, no conxunto de España, durante os dous primeiros meses do ano rexistráronse 25.000 incidentes de ciberseguridade no sector público, o que implica un aumento do 190% con respecto ao mesmo período do ano anterior.
“A necesidade de protexer información sensíbel e asegurar a continuidade dos servizos públicos críticos é máis urxente que nunca”, sinala a empresa, puntualizando que este camiño a percorrer (o dunha contorna dixital segura) é un camiño que as administracións deben facer da man de socios expertos: “É neste escenario onde empresas especializadas xogan un papel fundamental para dotar ás administracións de ferramentas axeitadas para enfrontar os devanditos retos e poder así protexer a información contra accesos non autorizados para evitar brechas de seguridade; ou previr, e na súa falta restaurar de forma rápida, a información e servizos fronte a ameazas como o Ransomware, que solicitan un rescate a cambio para acceder á información cifrada; ou xestionar a superficie de exposición; ou, tamén, xestionar o risco humano”.
Seresco engade que esta colaboración é crucial tamén para o cumprimento das diferentes normativas vixentes en materia de ciberseguridade, para mellorar a resiliencia organizativa e para fomentar o intercambio de información entre os organismos públicos e privados, participando de forma activa en iniciativas como a Red Nacional de SOC ou CSIRT.es.
CIES: experiencia e confianza como piar da ciberseguridade nas administracións
Neste proceso de transformación das administracións, CIES postúlase como un aliado ideal debido á súa especialización co sector público, son especial atención nas entidades locais.
Constituída en 2005, actualmente CIES forma parte do Grupo Seresco como unidade especializada en xestión de riscos, e desenvolveu unha sólida reputación no sector, integrando a máis de 40 profesionais especializados en diversas áreas da ciberseguridade e a xestión de riscos. O seu equipo multidisciplinar permite prestar un servizo integral, a través de novos equipos de seguridade ofensiva (Red Team), seguridade defensiva (Blue Team), o seu Centro de Operacións de Seguridade (SOC) así como os seus especialistas en cumprimento normativo en protección e privacidade.
A experiencia de CIES con máis de 300 clientes, que inclúen comunidades autónomas, deputacións, concellos e empresas do sector público, é un testemuño da súa capacidade para satisfacer as necesidades específicas das administracións.
CIES ofrece unha serie de servizos especializados para protexer as administracións de ciberataques. A través de servizos como as Oficinas de ciberseguridade e cumprimento normativo, xestiónase a ciberseguridade aliñándose con normas e estándares recoñecidos, establecendo a gobernanza necesaria para unha correcta protección. O seu Centro de Operacións de Seguridade (SOC), que é parte de importantes redes como FIRST, Trusted Introducer, Red Nacional de SOCs (RNS) e CSIRT.es, ofrece un servizo de monitoraxe, utilizando solucións do Catálogo CPSTIC 105, asegurando unha prevención proactiva, así como unha resposta rápida a incidentes. Ademais, en resposta á crecente ameaza de ataques de Ransomware, CIES proporciona diversas solucións e servizos orientados tanto en previr como en preparar ás entidades públicas antes este tipo de ameazas.
En palabras de Jorge Lazcano, director de ciberseguridade de CIES Grupo Seresco “a ciberseguridade nas administracións públicas é un desafío que non pode ser subestimado. A necesidade de protexer a información e asegurar a continuidade dos servizos require solucións avanzadas e unha vixilancia constante. Nun mundo dixital en rápida transformación, contar cun socio de confianza, con ampla experiencia e especialización en ciberseguridade non é só unha opción, senón unha necesidade imperativa”.