SeriesYonkis retira as ligazóns a contidos protexidos

luns, 3 de marzo do 2014 Marcus Fernández

Milleiros de usuarios da popular páxina web SeriesYonkis víronse sorprendidos ao ver que as ligazóns a descargas directas de series de televisión e películas desapareceron o pasado venres, sen existir orde xudicial (aínda que hai un caso penal aberto contra a páxina web dende xuño de 2008) ou administrativa, senón que parece ser unha decisión dos responsables do espazo web.
Dende o diario El Mundo aseguran que a Fiscalía solicitou o peche cautelar do servidor que aloxa SeriesYokis, PelículasYonkis e VideosYonkis ante o Xulgado de Instrución nº 1 de Murcia o pasado 11 de febreiro, pero non consta que se ordenase a retirada de ligazóns efectuada hai poucos días, polo que haberá que agardar para saber máis sobre este proxecto de Burn Media, S.L., compañía propiedade de Alexis Hoepfner dende hai un par de anos.