Showtime achégase ós Emmy mediante streaming

luns, 11 de febreiro do 2008

A canle televisiva Showtime está a traballar coa empresa de vídeo a través da Internet Brightcove para crear unha plataforma en liña dende a que os membros da Academia das Artes e das Ciencias Televisivas poidan ver as series da canle de pago (coma Dexter ou Weeds) para telas en conta de cara ás votacións dos Premios Emmy.
Esta nova solución será unha alternativa ó tradicional envío de discos en formato DVD, que supón un importante aforro e evita a filtración de copias como acontece tradicionalmente con este tipo de screeners.

PUBLICIDADE