Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME rematará 2019 con 30 novos obradoiros TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME rematará 2019 con 30 novos obradoiros TIC

Fernando Sarasketa
Publicado: 04/12/2019
8 Min de Lectura
Compartir
8 Min de Lectura

smartpeme-pontevedra-2.jpgSmartPEME, a rede da Deputación de Pontevedra para a capacitación tecnolóxica para PEME, profesionais e autónomos da provincia, vai rematar 2019 con novas e importantes accións encamiñadas a facer avanzar a dixitalización e a competitividade. Para a comarca de Vigo, achéganse en decembro 15 novas accións formativas a desenvolver nas oficinas de SmartPEME en Ponteareas (cinco), Vigo (cinco) e Porriño (cinco). A estas citas cómpre sumar as cinco previstas para a oficina de Pontevedra (sede Deputación) e outras tantas (cinco, tamén) en Cambados, ás que hai que engadir cinco obradoiros máis en Lalín. En total, 30 obradoiros dados a coñecer polo de agora. As inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, por correo electrónico ou vía web.
Todas estas citas teñen o nexo común de facilitar “a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade”.
No que atinxe ás actividades da contorna viguesa, a oficina SmartPEME de Vigo acollerá este mes de decembro os seguintes obradoiros: Deseña con Canva, este xoves 5 de decembro, Facebook Ads, o martes día 10, Mide os Teus Obxectivos en Redes Sociais: Análise de Estatísticas, o xoves 12 de decembro e Copywriting Aplicado a Web e Redes Sociais, previsto para o martes 17 de decembro. Estes catro primeiros obradoiros realizaranse entre as 19 e as 21 horas, mentres que o obradoiro de Ferramentas de Márketing Dixital para Empresas Turísticas, o xoves 19, farase entre as 17 e as 19 horas. Estas sesións formativas serán impartidas na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo (rúa Oporto, 3).
No que respecta a Ponteareas, as actividades comezan este martes 3 de decembro cun obradoiro de Iniciación ao SEO I: Conceptos, Palabras Clave e Primeiros Pasos, o martes 10 continuarán cun obradoiro de Iniciación ao SEO II: Optimizara a túa Páxina Web para Gañar Visibilidade, o xoves 12 de decembro será a quenda de aprender sobre Facebook Ads, xa o martes 17 impartirase un obradoiro sobre Ferramentas de Marketing Dixital para Empresas Turísticas e, por último, o xoves 19 as realizarase un obradoiro titulado Vende Produtos en Liña con Campañas de Google Shopping. Todos estes obradoiros impartiranse de 19 a 21 horas, a excepción de Copywriting Aplicado a Web e Redes Sociais, o martes 17, entre as 17 e as 19 horas. A totalidade destes obradoiros será impartida no Centro de Desenvolvemento Local (Lomba do Cruceiro, 5, Ribadetea, Ponteareas).
No que atinxe ao Porriño, impartiranse os seguintes obradoiros este mes de decembro: Ferramentas de Google para a Promoción de Negocios Locais, este martes 3 de decembro, Desenvolve a túa Propia Estratexia de Email Marketing, o martes día 10, Design Thinking, o xoves 12, Coñece as Tendencias en Economía Dixital: Impresión 3D e Robótica, o martes 17 de decembro, e Deseña con Canva, o xoves día 19. Estes obradoiros desenvolveranse de 19 a 21 horas no Multicentro do Concello de Porriño (Ribeira, s/n, Torneiros).
smartpeme-lalin-7.jpg No caso de Lalín, os cursos que se impartirán dende este mércores 4 ata o 19 de decembro serán os seguintes: Optimiza a túa Páxina de Facebook, que terá lugar o mércores 4 de decembro, entre as 19 e as 21 horas; Vende os teus Produtos en Facebook e Instagram, que será o martes 10 de decembro, de 19 a 21 horas; Vídeo co teu Smartphone: Crea, Grava e Edita coma un Profesional, que está programado para o xoves 12 de decembro, de 19 a 21 horas; Crea a túa Presentación Comercial en Menos de 90 Minutos, o martes 17 de decembro, de 19 a 21 horas; e, finalmente, Coñece as Tendencias en Economía Dixital: Impresión 3D e Robótica, que se desenvolverá o xoves 19 de decembro, entre as 19 e as 21 horas. Estes obradoiros impartiranse no Viveiro de Empresas de Lalín (Polígono Lalín 2000, parcela E), agás o de Optimiza a túa Páxina de Facebook, que terá lugar no Viveiro da Estrada.
No que respecta a Pontevedra, os cursos que se impartirán ata o 19 de decembro serán os seguintes: Crea as túas Fotografías para a Campaña de Nadal, que se desenvolve este martes 3 de decembro, de 19 a 21 horas; Crea a túa Presentación Comercial en Menos de 90 Minutos, que será o martes 10 de decembro, de 19 a 21 horas; Motores de Reservas para Empresas Turísticas, programado para o xoves 12 de decembro, entre as 17 e as 19 horas; Vende Produtos en Liña con Campañas de Google Shopping, que se realizará o martes 17, entre as 19 e as 21 horas; e, finalmente, Ferramentas de Google para a Promoción de Negocios Locais, que será o xoves 19, de 19 a 21 horas. A totalidade destes obradoiros será impartida no Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra (avenida Montero Ríos, s/n).
Por último, a sede de SmartPEME en Cambados, acollerá ata o 19 de decembro as seguintes accións formativas: Motores de Reservas para Empresas Turísticas, este martes 3 de decembro, de 17 a 19 horas; Fotografía de Produto: Todo o que Debes Saber, programado para o martes 10 de decembro, entre as 19 e as 21 horas; Ferramentas de Google para a Promoción de Negocios Locais, o xoves 12 de novembro, de 19 a 21 horas; Como Promover o teu Propio Evento en Redes Sociais, o martes 17 de decembro, entre as 19 e as 21 horas; e, finalmente, Crea a túa Presentación Comercial en Menos de 90 Minutos, o xoves 19 de decembro, de 19 a 21 horas. Estes obradoiros impartiranse no Centro ExpoSalnés (Paseo da Calzada, s/n, Cambados).

Datos sobre o Proxecto SmartPEME

smartpeme-vigo-4.jpgSmartPEME é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das PEME e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos eidos de actuación e acada novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos.
O devandito obxectivo, nas oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas, Vigo, A Estrada e Barro, abrangue as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?