Só o 19% dos internautas visitas as webs dos políticos
xoves, 28 de febreiro do 2008
Unha enquisa realizada polo Instituto do Goberno e Políticas Públicas
da Universitat Autónoma de Barcelona reflicte que aínda que a Rede é o medio máis
utilizado polo 45% dos usuarios para informarse sobre temas políticos, só o
19% admite ter visitado algunha vez a páxina web dun partido político.
O estudo tamén sostén que a Internet desperta o carácter crítico, pois o 27%
dos internautas recibiron correos electrónicos criticando un partido e só o 11%
recibiu mensaxes de apoio ós mesmos.