Soapbox volve á Rede cun filtro para o copyright

luns, 4 de xuño do 2007

Tras un período fóra da web, o servizo de publicación e compartición de vídeos de Microsoft, MSN Soapbox, volve a estar dispoñible, e o paréntese parece responder á incorporación dun método de detección de contido protexido por copyright grazas á tecnoloxía de Audible Magic que permite ós propietarios de contido protexido poidan buscar e eliminar os vídeos que se subiran a Soapbox sen o seu consentimento.
Esta nova característica no sistema de vídeos de Microsoft pretende evitar os preitos multimillonarios ós que se están enfrontando outros servizos baseados en contidos achegados polos usuarios coma YouTube.

PUBLICIDADE