Artigos desta sección
Interesantes incorporacións á Forxa de Mancomún
Dende Mancomún informan hoxe da incorporación a súa Forxa de software de 3 novos interesantes proxectos dos que non podemos facer menos que recomendar o seu seguimento. As aplicacións que se sumaron á Forxa son Katmus (aplicación para a trascrición musical asistida creada en C++ e QT4 para GNU/Linux por Orlando García Feal), VideoEstereo (proxecto de Carlos (...)
Ler máisMancomún dá conta na Conferencia OSWC de Málaga do medre do software libre en Galiza
O centro Mancomún está arestora en Málaga participando arreo na Conferencia Internacional OSWC 2008, tanto no fondo como na súa feitura. Ou sexa: achegando contidos e, tamén, permitíndonos velos e escoitalos, en tempo real na súa web. Amais disto, Mancomún acode como coordinador da embaixada galega ao completo, integrada por membros da nosa comunidade de (...)
Ler máisDispoñible para a súa descarga o OpenOffice.org 3.0 en galego
A versión 3.0 do OpenOffice.org saía oficialmente hai pouco máis dunha semana, aínda que só estaba dispoñible para a súa descarga en inglés, e agora xa é posible acceder ao paquete ofimático aberto en español e en galego. Dende Mancomún publican toda unha serie de ligazóns para descargar o novo OpenOffice.org en galego, nas súas versión para Linux (en paquetes DEB (...)
Ler máisArranca a Open Source World Conference Málaga 2008
Hoxe dou comezo a Conferencia Internacional de Software Libre Open Source World Conference Málaga 2008, que organiza a Junta de Andalucía en colaboración coa de Extremadura para dar a coñecer o que se “coce” no universo da programación aberta a nivel mundial. Esta conferencia, que conta coa presenza de especialistas de renome internacional no eido da cultura (...)
Ler máisIndustria aposta pola formación en software libre dende a universidade
O pasado sábado, día 18 de outubro, tivo lugar en Ourense, o acto de inauguración do Máster en Consultoría de Software Libre, do cal se encargou a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela, quen deixou constancia “do compromiso decidido da Consellaría de Innovación e Industria coas tecnoloxías e os estándares abertos (...)
Ler máisInnovación oferta 300 horas de formación en aplicacións de software libre
A Consellaría de Innovación e Industria vén de lembrar que, das 1.500 horas que constituían o plan formativo que viña desenvolvendo dende o pasado xuño do 2007 en materia de software libre, aínda restan 300 horas de formación, que se levarán a cabo nos vindeiros meses de novembro e decembro en diversos puntos da xeografía galega. A devandita Consellaría, a (...)
Ler máisMancomún coordinará en Málaga a comunidade galega de Software Libre
O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre, Mancomún, dependente da Consellaría de Innovación e Industria, vai participar, a vindeira semana, no Congreso Internacional de Software Libre 2008, que terá lugar en Málaga do 20 ao 23 de outubro, co propósito de achegar a toda a comunidade internacional os logros acadados pola Administración galega en (...)
Ler máisO GULO renova a aparencia da súa páxina web
O Grupo de Usuarios de GNU/Linux de Ourense, Gulo, renovou a imaxe da súa páxina web, mantendo como base o xestor de contidos Joomla, pero presentando un molde máis limpo e estruturado, de xeito que non cambian os contidos da web senón a súa presentación. Na entrada da nova web podemos ver agora unha imaxe co logotipo do grupo xunto co lema Gulo, the right (...)
Ler máisAgasol dá comezo na Coruña a súa campaña de divulgación do software libre para o empresarial
Tal e como sinalamos a semana pasada nesta web, o miolo da colaboración entre a Agasol (Asociación de Empresas Galegas de Software Libre) e Industria para afianzar a programación aberta no eido empresarial é un miolo de natureza práctica. De feito, só uns días despois de dar a coñecer o pacto, ambas entidades xa están arestora en marcha para informar en detalle (...)
Ler máisA terceira edición de ConCiencia, á vista
O programa ConCiencia chega á súa terceira edicion estes meses de outubro e novembro. A iniciativa, posta en marcha pola Universidade de Santiago, o Consorcio da cidade e a Fundación Caixa Galicia, vén co seu obxectivo principal renovado: poñer a ciencia o máis preto posible da sociedade (neste senso, a visita recente de Stephen Hawking, organizada tamén (...)
Ler máis0 | ... | 660 | 670 | 680 | 690 | 700 | 710 | 720 | 730 | 740 | ... | 860
