Sony BMG podería deixar de usar proteccións DRM
venres, 4 de xaneiro do 2008
Agárdase que durante o primeiro trimestre de 2008 a
música de Sony BMG comece a venderse sen protección DRM, de xeito que
seguiría os pasos de Warner Music, EMI e Vivendi abandonando as restricións de
uso nos ficheiros musicais.
De confirmarse este nova suporía un grande avance en favor dos consumidores,
pois Sony é unha das compañías que impulsou certas tecnoloxías DRM polémicas
que só causaban malestar ós lexítimos compradores de música.
