Sony Ericsson podería facer móbiles coa marca PlayStation

xoves, 13 de setembro do 2007

Sony Ericsson acadou un importante éxito incorporando a marca Walkman ós seus teléfonos móbiles para destacar as súas funcións multimedia, e agora que fabricantes coma Nokia apostan polos xogos nos móbiles poderían atopar un oso duro de roer con Sony, pois podería levar a súa marca PlayStation ós teléfonos celulares.
Segundo o Financial Times, Sony Ericsson xa está a producir móbiles coa marca Bravia (que permitirían acceder á televisión móbil no Xapón coa operadora NTT DoCoMo) e a posibilidade de repetir a experiencia con PlayStation é moi probable.

PUBLICIDADE