Sony achega os vídeos de YouTube aos televisores Bravia
venres, 6 de xuño do 2008
A vindeira semana
Sony comezará a comercializar o Internet
Video Link, un accesorio para os televisores Bravia que permite
achegar contidos da Internet ao televisor do salón, permitindo así ver
directamente os vídeos de YouTube, así como unha variedade de contidos
adaptados a este trebello (como novas de Yahoo!, AOL, Sports Illustrated, Style
e outros medios) que por desgraza se
vende ao prohibitivo prezo de 299,99 dólares.
O dispositivo inclúe un porto Ethernet e entrada/saída HDMI (para facer pass-thru no caso de ter só un porto HDMI no televisor).