Sony prepara televisores 3D para 2010
xoves, 3 de setembro do 2009
Sony anunciou durante a feira IFA que en 2010 pretende revolucionar o consumo audiovisual doméstico con televisores Bravia compatibles cos contidos tridimensionais, que poderían achegar a través de Blu-ray e/ou da PlayStation 3, aínda que tamén resulta igualmente destacable o feito de que para o ano que vén os televisores das series V5800, W5800 e Z5800 inclúan un triple sintonizador de alta definición adaptado para as emisións terrestres, satélite e de cable, contando tamén cunha fenda para Common Interface (polo que serán compatibles coa TDT de pago).