Sony retirará 416.000 cámaras defectuosas
venres, 3 de agosto do 2007
Sony retirará unhas 416.000 cámaras dixitais do modelo Cyber Shot DSC T-5, das que 350.000 se terÃan vendido en Europa e EE.UU. e 66.000 no Xapón. Segundo parece, as cámaras devanditas que presenten un número de serie da listaxe publicada por Sony teñen un defecto na súa carcasa que fai que unha peza metálica se dobre podendo producir pequenas feridas nas mans dos usuarios. A substitución das cámaras será sen custo de ningún tipo para os seus posuidores.