Spotify chega a PS3 e PS4

luns, 30 de marzo do 2015 Marcus Fernández

Tras o seu anuncio hai un par de meses, xa está aquí o servizo PlayStation Music, que permite que usuarios de PlayStation 4, PlayStation 3 e móbiles Xperia en 41 países poidan acceder a Spotify dende os seus dispositivos, abrindo así o acceso a máis de 30 millóns de cancións e 1.t00 millóns de listaxes de reprodución mentres se xoga, facilitando acompañar as partidas coa nosa música favorita.
Para facer máis doado o acceso á música, os usuarios de consolas PlayStation poderán facer uso da opción Spotify Connect da aplicación móbil de Spotify para Android e iOS para seleccionar listaxes de reprodución, saltar cancións, axustar o volume e moito máis.
Os usuarios de PlayStation Music poderán ligar as súas contas a Spotify e incluso empregar as contas para subscribirse ao servizo Premium de Spotify, que ten un prezo de 9,99 euros/mes, podendo recibirse un primeiro mes de proba totalmente de balde.

PUBLICIDADE