Steve Jobs e o superordenador Cray-1 terán moedas conmemorativas nos EE.UU.
xoves, 16 de outubro do 2025
A Casa da Moeda dos Estados Unidos presentou os deseños das moedas conmemorativas de dólar do programa American Innovation correspondentes ao ano 2026, unha serie que desde 2018 rende homenaxe a inventores, pioneiros e avances tecnolóxicos que marcaron a historia do paÃs. Entre as emisións anunciadas destacan as dedicadas a Wisconsin e California, ambas cunha clara relación co mundo da tecnoloxÃa.
A moeda de Wisconsin lembrará o Cray-1, o superordenador desenvolvido en 1976 por Seymour Cray e considerado o primeiro da historia en superar a barreira do megaflop. O deseño mostra unha vista aérea estilizada da icónica estrutura cilÃndrica da máquina, que suxire ao mesmo tempo a forma dun C de Cray-1 e de computer. A creación é obra do deseñador Paul Romano e do escultor John P. McGraw.
Pola súa banda, California dedicará a súa moeda a Steve Jobs, fundador de Apple e sÃmbolo da revolución dixital. O gravado amosa un mozo Jobs sentado fronte aos outeiros cubertos de carballos do norte de California, nunha imaxe que pretende reflectir como aquel entorno inspirou a súa visión de converter a tecnoloxÃa nunha extensión natural da creatividade humana, e que foi elixida entre distintas propostas. O deseño leva as inscricións Steve Jobs e Make Something Wonderful e foi realizado por Elana Hagler e Phebe Hemphill.
