Symbian completa a súa transición ao código aberto
xoves, 4 de febreiro do 2010
A Fundación Symbian, propiedade da finlandesa Nokia, anunciou que tras máis de 10 anos de desenvolvemento dunha plataforma para teléfonos intelixentes con máis de 330 millóns de dispositivos en todo o mundo, completou a adaptación do seu sistema ao código aberto, de xeito que calquera desenvolvedor de Symbian poderá descargar os 108 paquetes que compoñen o código fonte desta plataforma.