Tablets e móbiles conseguen superar ás consolas de videoxogos portátiles en vendas de software
xoves, 21 de febreiro do 2013
App Annie e IDC publicaron hoxe os resultados
do seu informe trimestral de xogo portátil correspondente ao último trimestre
de 2012, cuns resultados que deberían facer tremer a Sony e Nintendo, pois
reflicten que a nivel mundial o gasto en descargas de aplicacións móbiles
superou ao de xogos para consolas portátiles, o que indica un importante cambio
que promoveu principalmente Apple con seus dispositivos móbiles, aínda que
Android tamén está a ter a súa relevancia (principalmente pola súa grande cota
de mercado).
O informe combina o gasto na App Store co de Google Play (non contabilizando
outras plataformas de descargas como a Appstore de Amazon) conseguindo superar
conxuntamente aos videoxogos, curiosamente nun trimestre no que se celebra o
Nadal (preto do 60% do gasto en videoxogos concéntrase tradicionalmente no mes
de decembro), polo que parece que cruzouse un punto sen retorno, que mantén ás consolas
portátiles no mercado dos videoxogos nunha boa posición, pero non no posto
privilexiado que ocupaban ata hai pouco.
Dende IDC chegan a asegurar que “mentres
que os xogos máis populares e os seus modelos de negocio son ben distintos,
Nintendo e Apple están sorprendentemente moi preto en termos de agregación do
gasto en xogos durante o cuarto trimestre de 2012”, aínda que haberá que
agardar a posteriores trimestres (sen a interferencia do Nadal) para poder
analizar a situación real do mercado dos videoxogos portátiles.