Talentos Inclusivos (CITIC e ASPACE Coruña) pecha a súa III edición cunha feira científica
venres, 16 de xuño do 2023
O
programa Talentos
Inclusivos celebrou este venres 16 de xuño, na Domus de A
Coruña, o peche da súa terceira edición, correspondente ao curso
2022-2023. Fíxoo unha feira científica na que se expuxeron os
proxectos desenvolvidos polos dez centros educativos participantes,
da provincia da Coruña e, por primeira vez, de Ourense.
No
acto participou a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade
Social da UDC, María Jesús Movilla Fernández, quen agradeceu “a
confianza depositada na Universidade da Coruña por parte de todas
las institucións implicadas (Consello Social, Concello de A Coruña,
Xunta de Galicia e FECYT) para a realización de este tipo de
proxectos que, sen dúbida, enriquecen a todas as partes implicadas”
e resaltou o “esforzo e a dedicación do profesorado e dos
investigadores e investigadoras do CITIC”.
Na
mesma liña, Carmen Barreiro Santos, presidenta de ASPACE Coruña,
destacou o feito de que “para nós é moi importante este proxecto
porque mellora a calidade de vida dos nosos usuarios e usuarias,
dedicando moita ilusión e moito traballo”.
Pola
súa banda, Manuel F. González Penedo, director do Centro de
Investigación TIC (CITIC), salientou que “este ano demos un paso
máis, ampliando o proxecto a institutos de toda Galicia. Talentos é
un proxecto único, non só na nosa comunidade, senón en toda España
e todos os anos superamos as expectativas facendo chegar a tecnoloxía
a un sector que moitas veces é o gran esquecido neste ámbito”.
Entre
os proxectos desenvolvidos nesta terceira edición puideron verse
exemplos de retos como videoxogos clásicos para utilizar en terapias
de rehabilitación, bingos adaptados, mesas sensoriais ou diferentes
adecuacións de boquillas para pintar ou 3D de premedores dos
cabezais das cadeira de rodas.
Durante
a celebración da feira organizouse ademais unha xincana por equipos
que consistiu en responder unha pregunta sobre cada expositor. Entre
os equipos con máis respostas correctas realizouse un sorteo. O
gañador do sorteo recibiu como premio unha impresora 3D.
O
proxecto Talentos Inclusivos é un programa que ten o dobre obxectivo
de fomentar as vocacións TIC (Tecnoloxías da Información e a
Comunicación) entre o alumnado e dar visibilidade á discapacidade.
Arredor de 200 estudantes de Secundaria participaron nesta terceira
edición.
O
Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información da UDC xunto
con ASPACE Coruña promove este proxecto colaborativo que conta co
apoio do Consello Social da Universidade, a FECYT do Ministerio de
Ciencia, o Concello da Coruña e a Xunta de Galicia. Precisamente, o
convenio asinado recentemente coa Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades da Xunta propiciou que o
programa Talentos Inclusivos se estendese a centros educativos de
toda Galicia coa participación do Colexio Carmelitas de Ourense, xa
que anteriormente estaba centralizado na provincia da Coruña.