Taylor Swift sairá en Band Hero

martes, 4 de agosto do 2009 Marcus Fernández

O xogo Band Hero pretende trasladar o éxito da saga de Guitar Hero a un público máis amplo, de xeito que cambio o rock polo pop para atraer a toda a familia, e para que apoiar este lanzamento, como tamén acontece co resto de xogos musicais de Activision, aproveitan a imaxe de estrelas musicais para aparecer no xogo coma personaxes xogables, sendo un dos mesmos a cantante Taylor Swift, quen interpretará os seus temas Picture To Burn, Love Story e You Belong With Me.
O xogo que sairá para Xbox 360, PlayStation 3, PlayStation 2 e Wii tamén incluirá grandes éxitos de No Doubt (Just A Girl), Lily Allen (Take What You Take), The All-American Rejects (Dirty Little Secret) ou os Jackson 5 (ABC), e cómo vén sendo habitual neste tipo de xogos, permitirá o uso de micrófono, guitarra, baixo e batería, permitindo formar un grupo musical no que participe toda a familia.


Trailer do Band Hero no que podemos escoitar o tema Take What You Take de Lily Allen