Técnicos de INTECO asistirán á xornada sobre seguridade informática que organiza Ineo

martes, 23 de outubro do 2007

A Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación, INEO, vén de anunciar a celebración dunha xornada de Sensibilización sobre seguridade informática para PEMES que organiza a devandita entidade en colaboración con INTECO, organismo dependente do Ministerio de Industria.
O acto terá lugar o 30 de outubro no Auditorio da Escola Universitaria de Enxeñería Técnica da Universidade de Vigo das 19:00 ás 21:00 horas.
As prazas son limitadas e os interesados deberán confirmar previamente a súa asistencia a través do correo electrónico xornadas.pyme@inteco.es ou no teléfono 987 877 189.

PUBLICIDADE