Tecnocom desenvolverá un sintetizador de voz en galego
mércores, 12 de decembro do 2007
A ConcellarÃa de Innovación e Industria a través da
Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación está a financiar
un proxecto de
Tecnocom para desenvolver un recoñecedor e sintentizador de voz en galego
que permitirÃa realizar consultas coa fala, escoitar correos electrónicos
mediante dispositivos móbiles ou ditar textos en galego.
A achega de Innovación dentro do Programa de axudas para a Sociedade da
Información ascende ós 117.428 euros que se investirán ata 2008 e que deberán
dar coma froito unha ferramenta aberta que permita integrar o recoñecemento de
fala (ASR) e a conversión de texto a voz (TTS) en calquera plataforma tecnolóxica
acorde a estándares.