Telefónica comeza a ofrecer conexións FTTH a 30 Mbps
martes, 26 de agosto do 2008
Esta semana
Telefónica estreou en zonas de Álava, Barcelona, As Palmas, Madrid, Málaga,
Murcia, Sevilla, Santa Cruz de Tenerife, Valencia, Bizkaia e Zaragoza o seu
produto Trío
Futura 30 megas que achega unha conexións á rede a 30 Mbps de
descarga e 1 Mbps de subida, incluíndo o servizo Imagenio con 60 canles de
televisión no seu paquete familiar e o servizo de gravación persoal (DVR) e
antivirus por 42,95 euros os 3 primeiros meses, tralo que se cobraría 85,95
euros ao mes (aos que habería que engadir o IVE).
Esta conexións está
baseada en fibra óptica, polo que non
se prevé que chegue a Galicia ata decembro de 2010.