Telefónica deberá agardar á autorización da CMT para ofrecer conexións FTTH

xoves, 30 de outubro do 2008

Unha resolución do último consello da Comisión do Mercado das Telecomunicacións volve ao polémico conflito pola explotación da rede de fibra óptica de Telefónica en España, e reitera que a operadora deberá absterse de comercializar servizos minoristas sobre FTTH ata que a CMT o autorice, para o que haberá que agardar a que se verifique que Telefónica cumpre coas obrigas impostas a través de distintas resolucións que regulan a nova rede.

PUBLICIDADE