Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica deu a coñecer os 50 proxectos para Galicia Open Future, que comeza este mes a súa andaina
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
NOVAS

Telefónica deu a coñecer os 50 proxectos para Galicia Open Future, que comeza este mes a súa andaina

Fernando Sarasketa
Publicado: 03/09/2014
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

open_future.jpgTemos máis novidades sobre a andaina de Galicia Open Future (GOF), o proxecto impulsado por Telefónica e AMTEGA para dar forma a un centro de crowdworking de novas empresas TIC emprazado na Cidade da Cultura de Santiago. Trátase de dúas grandes novidades: unha xenérica, a posta en marcha oficial de GOF este mes de setembro, e outra específica: os nomes das iniciativas seleccionadas. Recordar que en xullo a operadora deu a coñecer que se acadaran máis de 130 candidaturas para participar nesta palestra de empresas innovadoras, informando tamén de que da cifra final de 136 iniciativas presentadas, seleccionáronse finalmente 50 proxectos (a listaxe está dispoñible en formato pdf). Estes beneficiaranse dos servizos de apoio ofertados polo programa e dun patrocinio inicial por parte da Axencia Galega de Innovación (GAIN) de 2.000 euros cada un.
Lembrar que Galicia Open Future pon a disposición de emprendedores o asesoramento, a formación e os recursos técnicos e financeiros precisos para pór en valor o desenvolvemento de iniciativas empresariais innovadoras. Os proxectos seleccionados participarán nos vindeiros meses nun plan de formación específico e de asesoramento para consolidar a súa idea e plan de emprendemento, que culminará coa futura selección dos tres mellores proxectos, os cales recibirán unha axuda por parte da GAIN de 25.000 euros. Así mesmo estes e os outros proxectos do programa poderán ter acceso a outros instrumentos financeiros da Xunta de Galicia para a súa consolidación.
Lembrar tamén que Galicia Open Future constitúe a gran iniciativa galega de Telefónica en 2014, unha palestra de proxectos tecnolóxico-dixitais que permitirá aos seus integrantes traballar libremente cos profesionais que estean máis preto (na propia aceleradora) pero tamén con xente afín a milleiros de quilómetros de distancia. Galicia Open Future, unha iniciativa inserida no Pacto Dixital asinado entre unha ducia de empresas (entre as que se conta Telefónica) e AMTEGA, comeza a súa andaina (oficialmente) este mes de setembro.
A maioría dos 50 proxectos seleccionados procede de Vigo e A Coruña, seguidas de Santiago de Compostela, e presentan diferentes graos de maduración (idea, prototipo, piloto, lanzamento, comercialización). Céntranse en sectores como o tecnolóxico aplicados a distintos ámbitos (marítimo-pesqueiro, agricultura, enerxía), Cidades Intelixentes, lecer, cultura, saúde, educación e turismo, e algúns xurdiron en universidades e centros tecnolóxicos de Galicia. Telefónica salientou tamén a presenza de proxectos de dixitalización, comercio electrónico e aplicacións móbiles.
Segundo informou en xullo a operadora, “os emprendedores seleccionados recibirán asesoramento para que o seu proxecto gañe visibilidade, acceso a colaboradores que axuden a que as iniciativas evolucionen e as ferramentas para validar o funcionamento dos seus proxectos con clientes reais”. Poderán traballar na sede de Galicia Open Future, situada no edificio Gaiás de Santiago de Compostela, e tamén a través da plataforma web (openfuture.org). O período da estancia será de seis meses, ampliables a un máximo dun ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?