Telefónica e Yoigo compartirán redes móbiles
luns, 2 de xullo do 2007
Telefónica e Yoigo compartirán infraestruturas de telefonía móbil. Este podería ser o resume do acordo dado a coñecer este luns 2 de xullo polas dúas empresas, un acordo que ten como principal obxectivo “mellorar a calidade dos seus servizos e chegar a un meirande número de usuarios, tanto en zonas rurais como urbanas”. A colaboración, que tamén irá encamiñada a “reducir os custos de despregue de infraestruturas”, responde á necesidade de paliar os atrancos que, segundo as dúas empresas, teñen hoxe en día as operadoras de telefonía móbil que procuran novos emprzamentos no estado español.