Televisión Española abandona Astra en Europa
xoves, 1 de xullo do 2010
O sinal de TVE Internacional abandona a oferta da plataforma DTH CanalSatellite de Francia e, coma consecuencia, deixará de estar difundida por Astra en Europa, polo que os usuarios que queiran seguir recibindo as canles de televisión TVE Internacional e 24 Horas, e as canles de radio Radio 1, Radio 3, Radio 4, Radio 5 Todo Noticias, Radio Clásica e Radio Exterior de España deberán orientar as súas antenas parabólicas ao satélite Eutelsal HotBird 8, dende o que poden recibirse de balde.