Thais Pousada mostra ao alumnado de Mondoñedo como facer e impulsar tecnoloxías solidarias

xoves, 3 de marzo do 2022 S. P.

A investigadora do CITIC (Centro de Investigación TIC da UDC) Thais Pousada impartiu o pasado xoves 24 de febreiro unha charla divulgativa sobre tecnoloxía de apoio dirixida a estudantes de 2º de ESO do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo. A actividade foi realizada coa contribución de Enxeñería sen Fronteiras, asociación coa que o CITIC mantén un convenio de colaboración.
Thais Pousada explicou ao alumnado as capacidades e necesidades que poden ter as persoas con diversidade funcional na súa vida diaria, e presentou diferentes resultados do deseño e creación de produtos de apoio a través dunha impresora 3D, poñendo o foco en metodoloxías concretas para pór en funcionamento unha impresora destas características. A investigadora animou ás rapazas e rapazas a colaborar, cos seus coñecementos e espírito innovador, co tecido asociativo.

PUBLICIDADE