TomTom levará o seu navegador ao iPhone 3G

martes, 10 de xuño do 2008

Tralo anuncio do novo iPhone o fabricante holandés TomTom xa se apurou a anunciar que ten preparada unha versión do seu navegador GPS para o móbil de Apple.
O voceiro da compañía declarou literalmente que «o noso sistema de navegación xa corre actualmente no iPhone» o que indica que podería estar á venda esta aplicación cando o iPhone 3G chegue a España o vindeiro 11 de xullo.

PUBLICIDADE